SiSons reúne en Santiago a profesionais do sector cultural e musical

O encontro durará catro días e inclúe charlas, relatorios e concertos

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
SiSons reúne en Santiago a profesionais do sector cultural e musical

Un encontro de profesionais do sector cultural e musical terá lugar estes días en Santiago de Compostela. O SiSons Enclave Musical leva cabo a súa segunda edición santiaguesa entre o 13 e o 16 de outubro. Este encontro nace partindo do ecléctico festival Sea Sons que se celebrou durante varios anos na Coruña. Organizado por Musicarte e a Asociación Cultural Tres por Cuatro e contando con financiamento europeo FEDER o SiSons Enclave Musical reunirá en diversos espazos da capital galega a un elenco de profesionais e artistas, nun proxecto de diálogo, creación de novas formas de difusión e impulso da nosa escena musical aberto ao público con charlas, relatorios, showcases, concertos e actividades paralelas. Museo do pobo Galego, CGAC, Pazo de San Roque e o CSC Aurelio Aguirre de Conxo reparten as actividades deste programa de catro días polo que 'pasaran artistas como Sheila Patricia, Miriam Sandoval, MEU, Adahra & Ritman, Dalek Dúo, EntrElas e outras moitas. O SiSons Enclave Musical é de asistencias de balde previa inscrición.

Que che parece esta nova?
92 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feder, Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela, Pazo de San Roque...