Santiago acolle o Festival Bonito pra Chover de cultura brasileira

O evento salpicará o mes de outubro de propostas culturais da comunidade brasileira en Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Santiago acolle o Festival Bonito pra Chover de cultura brasileira

Un recital poético-musical no Panteón de Galegos Ilustres de Bonaval dará o comezo este mércores ás 16:30 horas ao 'Bonito pra chover', un festival de arte e cultura brasileira en Santiago de Compostela, con diversas actividades que terán lugar durante o mes de outubro e inicios de novembro de 2024. A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega colabora co evento organizando este recital inaugural no que tomarán parte, cunha lectura de textos do poeta Jackson Sampaio, Cesáreo Sánchez Iglesias; Daniel Asorey VidalÇ; Luiza Fernandes e Uxía. As interpretacións musicais correrán a cargo de Euterpe e Léo Pinheiro. Ademais o evento incluirá unha mostra de cinema brasileiro a celebrar nos Cines Compostelá, un roteiro gastronómico de tapas por varios locais da capital galega, unha exposición de fotografía e artes plásticas. O festival pretende actuar como espazo de intercambio cultural entre Brasil e Galicia e ser una homenaxe da comunidade brasileira galega ao seu país de acollida.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Brasil, Cine, Cesáreo Sánchez Iglesias, Daniel Asorey...