O Consello da Cultura acolle un encontro sobre as letras do Brasil

Conexões IV:A Literatura Brasileira hoje. Diálogos Galiza-Brasil desenvólvese entre o 17 e 19 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A entidade brasileira Itaú Cultural e mais o Consello da Cultura Galega organizan o encontro Conexões IV:A Literatura Brasileira hoje. Diálogos Galiza-Brasil. Entre o 17 e o 19 de outubro, a sede do Consello acolle a primeira edición deste evento en Europa. Na mesma, escritores brasileiros e galegos, canda a investigadores internacionais sobre as letras do Brasil, analiarán as dinámicas da literatura deste país e as súas dificultades para se inserir nos espazos da crítica e dos mercados internacionais. O evento contrastará a experiencia deste país coa dos autores galegos.

Pola banda de Brasil agárdase da presenza de autores como Luiz Ruffato, Márcio Souza, Cíntia Moscovich, João Almino, Marçal Aquino e Marco Lucchesi, mentres as letras galegas estarán representadas por escritores e investigadores como Anxo Quintela, Carlos Quiroga, Carlos Paulo Martínez Pereiro, Carmen Villarino, Elías Torres, Iolanda Zúñiga, Manuel Bragado, Suso de Toro, Víctor Fernández Freixanes, ou Xavier Queipo.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Brasil, Literatura, Escritores, Consello da Cultura Galega...