O PEN Clube inicia hoxe o encontro Escritores no Camiño, dedicado a relacionar a literatura galega coa Brasileira

Camiños de letras

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Compostela acolle, desde hoxe e até o vindeiro xoves o encontro Escritores no Camiño. Este evento, organizado polo Pen Clube de Galicia, reúne na capital escritores galegos e sudamericanos coa intención de tender pontes entre as nosas letras e as de Hispanoamérica, especialmente as do Brasil. Deste xeito, máis de cen autores das dúas bandas do Atlántico compartirán recitais, debates e conferencias. Entre os asistentes, cóntanse persoeiros coma Xosé Luís Méndez Ferrín, Luz Pozo Garza, Nélida Piñón ou Iván Junqueira Costa, entre moitos outros.

Máis información en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, PEN Clube, Brasil, Literatura...