Os Diálogos Galiza-Brasil rematan solicitando novas estratexias de cooperación

O encontro que se desenvolveu no Consello da Cultura incide en aproveitar a oportunidade da lingua

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, e o representante da embaixada de Brasil en Madrid, Márcio Catunda, fechaban onte o encontro Conexões IV. Diálogos Galicia-Brasil que se desenvolveu estes días no Consello da Cultura en Compostela. Como conclusión do evento, salientaron a necesidade de procurar novas estratexias de cooperación mútua en materia cultural entre Galicia e Brasil. No encontro incidiuse nas posibilidades que abren os puntos comúns entre as dúas comunidades, especialmente a nivel lingüístico.

Na súa intervención, Villares lembrou que para a institución que preside é unha "aposta fundamental” establecemento de conexións cos países de lingua portuguesa e nomeadamente co Brasil.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Brasil, Ramón Villares, Consello da Cultura Galega, Madrid...