Touriño convida a Lula a que Brasil participe na Cidade da Cultura

Aires do Brasil

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
A visita que está a facer estes días o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, ao Brasil está a acadar destacados ecos no ámbito cultural. Se o I Encontro Poético Musical entre os dous países reunía onte figuras coma Toquinho e Milladoiro, agora chéganos a noticia de que Touriño lle solicitou ao seu homólogo Lula a presenza especial de Brasil no proxecto da Cidade da Cultura. A intención é que Brasil ocupe un espazo destacado no complexo dentro da orientación que se lle quere dar coma ponte das relacións de Galicia con Hispanoamérica. Por se fose pouco, os dous mandatarios tamén acordaron impulsar a colaboración en materia de nanotecnoloxía.

Máis información no web da Xunta sobre a entrevista con Lula sobre o encontro poético El País

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Brasil, Emilio Pérez Touriño, El País, Milladoiro...