A Xunta asinará un convenio para fomentar a produción audiovisual con Brasil

A conexión brasileira

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, inicia hoxe unha viaxe a Brasil. Entre os asuntos que leva na súa axenda figura o de asinar un Protocolo de intercambio cinematográfico entre Galicia e Brasil co obxectivo de potenciar a colaboración entre as industrias audiovisuais de ambos países. O acto terá lugar no marco do I Encontro Audiovisual Brasil-Galicia, que se vai celebrar na cidade brasileira entre o 16 e o 18 de marzo, e que aglutinará a representantes das máis importantes produtoras de Galicia e Brasil, ademais de responsables de festivais e distribuidores.

Máis información no web da Xunta

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Brasil, Emilio Pérez Touriño, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)