O Consorcio Audiovisual e Anice subvencionan dous traballos para fomentar a produción galego-brasileira

Gz-Br

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Estes días desenvólvese na Coruña a II edición do encontro Galicia-Brasil. Ademais dos ciclos de proxeccións que teñen lugar no Auditorio do Forum Metropolitano, prodúcense os encontros entre as diferentes produtoras para coproducir filmes. Ademais, os responsables do Consorcio Audiovisual de Galicia e a Axencia Nacional do Cinema do Brasil, deron a coñecer os nomes dos dous filmes seleccionados para se elaborar, con cargo ao Fondo Económico que ambas entidades manteñen. “O sexo dos anxos” (Continental) e “Entre a dor e nada” (Ficción Produccións).

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Brasil, Cine, Consorcio Audiovisual de Galicia, A Coruña

Claves

Conceptos
Lugares