Un acto institucional apoia o audiovisual galego en San Sebastián

Mantívose unha reunión coa Axencia Nacional de Cinema do Brasil

26/9/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual

Imaxe da delegación galega presente en San Sebastián. Fonte: Xunta

Os incribles e Operación E son os filmes galegos que están presentes nas seccións Novos Directores e Zabaltegi, paralelas á Sección Oficial. Coincidindo coa presentación pública de Operación E, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, desprazouse ata San Sebastián onde tivo lugar o acto institucional para apoiar o audiovisual galego. Tivo lugar no Kursaal e foi organizado a través de Agadic. Ademais, tamén se desnevolveu un encontro con representantes de ANCINE (Agência Nacional de Cinema do Brasil), entidade coa que a Xunta mantiña un convenio de coprodución coordinado polo desaparecido Consorcio Audiovisual de Galicia.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Brasil, Anxo Lorenzo, Consorcio Audiovisual de Galicia...