O Consorcio Audiovisual destinará 160.000 euros a financiar coproducións con Brasil

A convocatoria sae hoxe publicada no DOG

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Hoxe ábrese o prazo de presentación de solicitudes para a segunda convocatoria do Fondo de coprodución Galicia-Brasil. Unha iniciativa que xorde do encontro que organizaron o Consorcio Audiovisual de Galicia e a Agência Nacional do Cinema (ANCINE) en Salvador de Bahía entre o 13 e o 15 de marzo. Este fondo subvenciona (cun máximo de 160.000 euros por proxecto) longametraxes e documentais que se realicen entre produtoras destes dous países. Criterios industrias, creativos e a relevancia do proxecto serán determinantes nesta convocatoria que ten aberto o prazo de presentación de solicitudes ata o 30 de abril.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Brasil, Cine, Documentais, Consorcio Audiovisual de Galicia

Claves

Conceptos
Lugares