O Consorcio Audiovisual de Galicia convoca unha nova edición do seu programa de promoción de documentais

DocÂ’06

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de “Doc. 06”, ou o que é o mesmo, o programa de promoción do documental que convoca anualmente o Consorcio Audiovisual. Un proxecto que se integra dentro do Plan de Internacionalización do Audiovisual, no que tamén figura Curtas 06, cuxa convocatoria aínda está aberta. Poderán participar neste programa os documentais realizados entre o 1 de abril de 2005 e o 31 de xullo de 2006 e o prazo de presentación de solicitudes remata o 5 de outubro.

Máis información no DOG (en .pdf) e no web do Consorcio Audiovisual de Galicia