Onde está a felicidade? e Brasil somos nós foron seleccionadas para o Fondo de coproducións

É a segunda edición deste fondo para realizar longametraxes de ficción e documentais

15/6/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: espectaculos
31 lecturas | Compartido 0 veces

Dos nove proxectos presentados, o Consorcio Audiovisual Galego deu a coñecer os nomes dos dous traballos seleccionados para participar no fondo de axudas á coprodución galego-brasileiro. Da banda da ficción, Onde está a felicidade? (Filmanova Invest e Pulsar Produçoes artísticas) conta a historia de Teodora que decide facer o Camiño de Santiago como resposta ás crises persoais e profesionais da súa vida. Do lado do documental, Brasil somos nós segue ao recoñecido músico Carlos Núñez no seguimento das pegadas do seu bisavó emigrado a país suramericano en 1904, nunha viaxe que o leva a descobrir a cultura e a música brasileira. O fondo está convocado polo Consorcio Audiovisual de Galicia e pola Agência Nacional do Cinema de Brasil (Ancine).


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Brasil, Cine, Documentais, Carlos Núñez...