O Consorcio Audioviusal negociou en Arxentina os fondos de coprodución Raíces e Ancine

Participou en Ventana sur cunha delegación de 14 empresas audiovisuais

20/12/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: audiovisual
26 lecturas | Compartido 0 veces
A principios de mes, o Consorcio Audiovisual participou en “Ventana Sur”, un mercado de recente creación, promovido polo INCAA (Instituto Nacional de Cine y Artes Audivisuales) de Arxentina en asociación coa organización responsable do Marché du Film de Cannes, o maior mercado audiovisual a nivel mundial. A cita aproveitouse para a renovación do fondo de coprodución cinematográfica entre o Consorcio e a Agência Nacional do Cinema do Brasil (ANCINE) que se concretará no primeiro semestre de 2012. Non foi o único fondo de coprodución do que se falou, xa que se aproveitou para falar do convenio Raíces e outros acordos de colaboración, como Cinemas de Galicia, un ciclo itinerante de cine galego polo territorio arxentino, ademais de establecer contacto con outras cinematografías, como Chile e Uruguai, para futuras relacións de cooperación.
O Consorcio Audiovisual de Galicia encabezou en Arxentina, segundo figura unha nota de prensa, "a unha delegación de 14 empresas audiovisuais que procuraron novas iniciativas de negocio mediante o contacto con produtoras de toda a área latinoamericana".

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
5 lugares identificados
Claves temáticas
Conceptos