A Conselleira de Cultura intensificará as relacións co audiovisual arxentino na súa viaxe ao país americano

Máis raíces

20/10/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
A Conselleira de Cultura, Ángela Bugallo, aproveitará a súa primeira viaxe ao país arxentino para intensificar as relacións co ámbito audiovisual iniciados na emigración. Isto implica traer a Galicia filmes que están depositados en cinematecas e fondos galegos como froito do cinema de correspondencia que se deu entre a comunidade galega da diáspora e o noso país. Esta iniciativa complementa a relación xa existente co país arxentino grazas a “Raíces”, o fondo de coprodución do audiovisual que manteñen o Consorcio Audiovisual e o Instituto Nacional de Cine e Artes Audiovisuais de Arxentina (INCAA). Ademais, a viaxe inclúe a busca de “Mariñeiros”, o documental elaborado por José Suárez en 1939 que nunca chegou a verse en Galicia.

Máis información no web da Consellaría de Cultura e sobre o Fondo Raíces na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Diáspora, Documental, Culturagalega...

Claves

Entidades
Lugares