Cataluña, Arxentina e Galicia crean un fondo para a coprodución cinematográfica

A unión é a forza

7/3/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O Consorcio Audiovisual de Galicia, o Instituto Catalán das Industrias Culturais e o Instituto Nacional de Cine e Artes Audiovisuais de Arxentina queren fomentar a produción cinematográfica. Para iso acaban de crear un fondo (cada institución destina 1.500 euros) co que pretenden impulsar coproducións de carácter independente. Esta iniciativa do Consorcio enmárcase dentro do programa “Raíces”, que xa ten outras dúas cinematografías no seu punto de mira: Brasil e o cine árabe.

Máis información no web do Consorcio Audiovisual de Galicia

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Arxentina, Consorcio Audiovisual de Galicia, Cataluña...