O presidente do Goberno comprométese a facer da Cidade da Cultura un proxecto de Estado

Implicación urbana

O Goberno Central involucrarase no desenvolvemento da Cidade da Cultura. O presidente José Luís Rodríguez Zapatero comprometeuse onte co titular da Xunta, Emilio Pérez Touriño, a que este complexo pase a ser "proxecto de Estado". Do encontro entre os mandatarios, que se produciu onte en Madrid, saíu a proposta de que a Cidade actúa coma enlace cultural entre Europa e América. Ao tempo, sinalouse que o cine e as letras serán os eixes das novas intatalacións. Unha comisión mixta determinará exactamente o xeito en que se articula a participación estatal no proxecto.

Máis información en Galicia Hoxe; en La Opinión, e en Vieiros ; e no web da Xunta