Touriño anuncia unha revisión do uso da Cidade da Cultura na súa visita con Eisenman

Uso e costume

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Emilio Pérez Touriño visitou onte as instalacións da Cidade da Cultura co arquitecto que deseñou os edificios, Peter Eisenman, e a titular de Cultura, Ánxela Bugallo. Alí, o presidente da Xunta anunciou que continuará co proxecto pero que definirán os seus contidos. E isto pasa en primeiro lugar por buscar un novo xerente que substitúa a Anxo Currás para o que a Consellaría de Cultura veu de propor a Francisco Carracedo, e en segundo lugar, redefinir os usos dos edificios que aínda non existen, como o da área de Novas Tecnoloxías e o Teatro da Música. Nese proceso de busca de novos usos, a Xunta solicitou senllos informes ao Padroado do Museo do Pobo Galego e ao Consello da Cultura Galega.

Máis información en La Opinión, en La Voz de Galicia, en El Correo Gallego e sobre a proposta de novo xerente en Vieiros

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vieiros, Ánxela Bugallo, Emilio Pérez Touriño, Teatro...