O gran proxecto de Manuel Fraga, plana como unha sombra sobre os orzamentos da Comunidade para o 2006. Porque triplica o presuposto inicial e porque limita as actuacións culturais. Por iso, Ánxela Bugallo anunciou onte no Parlamento que as obras se paralizarán. Non será un punto e final no seu desenvolvemento, senón que é tomar tempo para redefinir o proxecto. Na primeira visita que a conselleira fixo hoxe ao Consello da Cultura Galega, Ánxela Bugallo pediu serenidade para analizar e redefinir. Polo demais, o presidente da institución, Alfonso Zulueta, informou que o informe solicitado ao Consello xa estaba en marcha pero que aínda é cedo para ofrecer datas.
Máis información sobre a comparencia no Parlamento en La Voz de Galicia, El Correo Gallego, Galicia Hoxe e Faro de Vigo