Manuel Olveira explica o seu proxecto para o CGAC aos patronos da entidade

Entre a arte e a tecnoloxía

A arte contemporánea tivo onte un día destacado. Non porque se abrisen novas exposicións, senón porque se presentaron os proxectos e as tendencias que veremos nos vindeiros meses. Dunha banda estaba o CGAC, que acolleu a primeira xuntanza do Padroado con Manuel Olveira como novo director. Na xuntanza, á que tamén asistiu a conselleira Ánxela Bugallo, apuntouse que a produción e a investigación son as novas liñas polas que apostará o centro no futuro. Da outra banda está o Macuf, Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa, que presentou a súa presenza no Art. Tech Media 06, un evento que achega a relación entre arte e novas tecnoloxías. Este proxecto entronca coa intención do museo de popularizar o seu proxecto e achegalo ás novas tecnoloxías.

Máis información sobre a xuntanza do CGAC en La Voz de Galicia, El Correo Gallego e Galicia Hoxe; sobre o Macuf en El Ideal Gallego