O artista catalán Francesc Ruíz publicará na Coruña o xornal "La Cosa" en formato BD

O xornal-fanzine

21/7/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A Coruña contará nos vindeiros corenta días, ata o vinte e un de agosto, cun novo xornal, "La Cosa". Esta publicación, en formato banda deseñada de oito páxinas, é un proxecto do artista catalán Francesc Ruíz que está enmarcado no Proxecto Edición que reúne museos de arte contemporánea de Santiago, Vigo e A Coruña. O xornal distribuirase en diferentes puntos da cidade, que o autor non quixo desvelar. Ruíz é tamén o responsable do curso Cómic Live! Que impartirá na Fundación Seane os vindeiros días 26 e 27 de xullo.

Máis información no web do Proxecto Edición, en El Correo Gallego; en El Ideal Gallego e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Museos, Cómic, Banda deseñada...