A musealización das saíñas romanas de Vigo adíase para 2008 mentres segue parada a Casa da Historia na Coruña

Museos con calma

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
As coñecidas saíñas romanas de Vigo seguirán este ano cubertas. Cultura sinalou que a musealización deste importante depósito arqueolóxico se realizará en 2008. Ata entón, desenvolveranse obras para facilitar o acceso e acondicionar os restos. Claro que este non é o único proxecto que agarda. Na Coruña, mentres continúan as escavacións do Castro de Elviña, o xornal "El Ideal Gallego" denuncia que continúa sen avanzar o proxecto Artabria. Este programa de musealización, que se anunciara en 2003, pretende crear un grande parque arqueolóxico na zona.

Máis información sobre as salinas no Faro de Vigo e nos nosos arquivos; sobre o proxecto Artabria en El Ideal Gallego e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Culturagalega, Museos, Faro de Vigo...