Un total de 1.600 actividades en 94 concellos integran a nova edición da Rede Cultural da Deputación da Coruña

Rede Cultural Coruñesa

Exposicións coma "Xente no camiño" de Alfredo Erias, "A vivenda galega do século XXI", "Como se fai un libro" ou "Historia da literatura infantil galega" son algunhas das propostas da Deputación da Coruña para a nova edición da súa Rede Cultural. A iniciativa, que levará 1.600 actividades a 94 concellos, inclúe tamén actuacións de música, teatro e, por primeira vez danza. En total o organismo provincial investirá 2,2 millóns de euros no programa, e os concellos deberán achegar pola súa banda o 30% do custo de cada actividade.

Máis información no web da Deputación e en El Ideal Gallego; máis sobre a actividade cultural da Deputación nos nosos arquivos