Alberto Ruíz de Samaniego é o novo director da Fundación Seoane

Ruíz de Seoane

18/12/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
No ano no que a Fundación Seoane cumpría unha década de traballo, a súa directora, Silvia Longueira, anunciou que deixaba o cargo para iniciar a súa carreira política. Despois de varios meses co posto vacante, o padroado da Fundación elixiu onte ao seu substituto. Trátase do doutor en filosofía, Alberto Ruíz de Samaniego (Fene, A Coruña, 1966) e no seu amplo currículo destaca que foi o comisario do Pabillón de España na última edición da Bienal de Arte de Venecia. Polo demais, Silvia Longueira non abandona a fundación, senón que queda como vicepresidenta tal e como propuxo o intelectual Isaac Díaz Pardo.

Máis información en El Ideal Gallego en La Opinión e sobre Ruiz de Samaniego na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Seoane, Alberto Ruíz de Samaniego, Isaac Díaz Pardo, Filosofía...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares