A Fundación Seoane inaugura dúas exposicións, no regreso de Silvia Longueira á dirección

Substitúe a Alberto Ruíz de Samaniego, aínda que seguirá unha liña continuísta

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:

O cambio de goberno no concello da Coruña resituou de novo a Silvia Longueira á fronte da Fundación Seoane. A entidade inaugurou onte dúas exposicións nas que a nova directora asegurou seguría unha “liña de continuidade” con respecto ao proxecto anterior. As mostras que abrirán as súas portas ata o 25 de setembro son Quen corta os fíos do soño? Lois Pereiro, comisariada polo pintor e escritor Antón Patiño e pretende achegarse á figura do poeta galego; e Toporgrafías, comisariada por Asier Mensuro e Alberto Ruiz de Samaniego, que se converte na primeira exposición dedicada á obra do artista francés Roland Topor que se realiza no no noso país en décadas.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Exposicións, Fundación Seoane, Alberto Ruíz de Samaniego, Lois Pereiro...