A programación da Fundación Seoane xira arredor do centenario do creador

O cineasta Antonioni e o escritor Georges Perec tamén se inclúen no calendario

Debuxante, muralista, editor, gravador, pintor.... Luis Seoane cumpriría cen anos no 2010. Unha efeméride que a Fundación que leva o seu nome ten previsto celebrar por todo o alto. O leigado do artista é o protagonista indiscutible da súa programación cunha exposición e tres congresos que achegarán novas facetas sobre Seoane. Pero alén disto, a Fundación dirixida por Alberto Ruiz de Samaniego seguirá na súa liña de traballo con propostas artísticas próximas a outras disciplinas como é a cinematografía, da man da obra pictórica e fotográfica do cineasta Michelangelo Antonioni (As montañas encantadas de Antonioni entre xullo e outubro) e o escritor Geroges Perec (de outubro a decembro). Para desenvolver a programción, a Fundación conta co financiamento do concello da Coruña (721.400 euros), Repsol Ypf(18.000 euros), a Deputación d (45.000) e unha minguada axuda da Xunta (de 100.000 a 20.000 euros).