Samaniego presenta o seu proxecto expositivo para a Fundación Seoane

Chega o novo director

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Dous meses despois de ser anunciado, Alberto Ruíz de Samaniego (Fene, A Coruña, 1966) presentouse hoxe como director oficial da Fundación Seoane. E fíxoo anunciando as primeiras mostras do seu proxecto museístico. Aproveitando a candidatura da Torre de Hércules, a fundación recuperará os 40 orixinais do álbum ilustrado debuxado por Luis Seoane que leva por título “Homenaxe á Torre de Hércules”. A análise da fotografía de Alberto Korda, autor da imaxe máis célebre do Che Guevara; a mostra documental sobre os diferentes límites xeográficos do atlántico; o arquivo fotográfico dos irmáns Vargas e unha exposición sobre Fritz Lang son algúns dos proxectos que se poderán ver na sede da fundación ata o mes de setembro.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Seoane, Torre, Torre de Hércules, Fotografía...