A obra de Lois Patiño centra unha mostra na Fundación Luis Seoane

Poderá verse no Centro Torrente Ballester de Ferrol a partir do mes de maio

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteAudiovisual
Compartir:
Lois Patiño. Cuerpo de mar, 2018   Foto: Fundación L. Seoane

Lois Patiño. Cuerpo de mar, 2018 Foto: Fundación L. Seoane

'Marea' é o título da mostra que comeza hoxe na Fundación Luis Seoane da Coruña, centrada no traballo audiovisual do realizador Lois Patiño. A exposición comisariada por Alberto Carton preséntase como "unha vertebración alterada do espazo-tempo, unha suspensión narrativa" sobre as obras do director.

A exposición xira ao redor de dúas pezas: Hadal, unha instalación composta por un vídeo, dúas videoinstalacións e unha instalación lumínica; e a curtametraxe experimental 'El sembrador de estrellas', de Patiño, gravada en Tokio en 2022. Segundo explica a presentación, "Marea, coas súas dúas beiras, incita ao desprazamento, á pausa e a un deslizamento do tempo en devir do seu agora". A exposición poderá verse ata o 4 de abril e despois viaxará ao Centro Torrente Ballester de Ferrol a partir do mes de maio. En paralelo, os días 27, 28 e 29 de febreiro, a Filmoteca de Galicia dedicará un ciclo á obra cinematográfica do realizador galego que complementará e ampliará os contidos da mostra.

Que che parece esta nova?
90 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lois Patiño, Centro Torrente Ballester de Ferrol, Narrativa, Fundación Luis Seoane da Coruña...