
Os contidos do proxecto, que foi comisariado por DarÃo Villanueva e Carmen Becerra, artéllanse a través dos múltiplos lugares nos que viviu o autor, "Ferrol / Santiago / Oviedo / Burgos / Madrid / Mallorca / Pontevedra / Albany(USA) / Vigo / Ramallosa / Salamanca", lembra a presentación da mostra.
Ademais a montaxe explora "como e en que momento foron xurdindo as diversas facetas nas que se despregou a súa actividade intelectual e artÃstica", e lembra que, ademais de narrador, Torrente foi historiador, ensaÃsta, articulista, crÃtico literario e teatral, guionista cinematográfico ou fotógrafo.
Canda ás 130 pezas expostas, tamén se pode ver o documental GTBxGTB, producido en 2010 pola Sociedad Estatal de Conmemeoraciones Culturales (SECC) e a Fundación Gonzalo Torrrente Ballester canda a pezas cedidas por diferentes institucións e particulares.
A maiores dos contidos que se puideron ver e Madrid, a mostra engade un apartado que recolle a través de diferentes fotografÃas a presenza de "escritores do máximo nivel que viñeron a Ferrol en distintos momentos" para falar do autor.