Diferentes entidades preparan unha exposición sobre Torrente Ballester e a súa pegada

Será parte da programación polo 25 aniversario do seu pasamento

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

No 25 aniversario do pasamento de Gonzalo Torrente Ballester, continúa a información sobre as diferentes actividades que se van organizar ao longo do 2024. A Consellería de Cultura anunciou a celebración dunha exposición conxunta sobre Torrente Ballester, a súa obra e a súa pegada en Galicia e España, na que participarán a Biblioteca Nacional de España, a Junta de Castilla y León, os concellos de Salamanca e Ferrol e a Fundación Torrente Ballester. Esta mostra estará comisariada por Darío Villanueva, inaugurarase no verán na Biblioteca Nacional de España e logo itinerará por Santiago, Salamanca e Ferrol. Ademais, as bibliotecas públicas da Xunta ofrecerán mostras bibliográficas do escritor ena Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago.

Que che parece esta nova?
84 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Biblioteca Nacional, Salamanca, Ferrol, Darío Villanueva...