Comezan os actos de conmemoración do segundo cabodano de Torrente Ballester

O predilecto Torrente

| Santiago.Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:

Hoxe comezan os actos que o Concello de Ferrol programou para honrar ó escritor e fillo predilecto da cidade Gonzalo Torrente Ballester no segundo cabodano do seu pasamento. Desde lecturas das súas obras, a actuacións musicais e teatro, os vindeiros sete días Ferrol ferverá de actividades na lembranza de Torrente.

Fin de semana

O Centro Torrente Ballester acolle esta mesma tarde o primeiro dos actos programados, consistente nunha lectura de parágrafos da obra de Torrente nos que se citan prazas, rúas e lugrares da cidade de Ferrol. A lectura comezará ás oito da tarde, e terá como peche unha actuación musical de guitarra e flauta. O domingo será o Auditorio cívio de Caranza o que sirva de escenario para a representación de "Unha gloria nacional", unha das últimas obras do escritor, a cargo da formación "Ad Libitum". Tamén será ás oito.

A próxima semana

A semana comezará coa presentación na Galería Sargadelos a obra "Pontevedra na vida e na obra de Torrente Ballester", realizada por José Ponte Far. O martes que vén, e de novo ás oito, celebrarase no salón de actos da UNED unha mesa redonda que baixo o título "Torrente, en España e no estranxeiro" á que están convidados expertos de internacionais sobre o autor. No mesmo lugar e á mesma hora, o mércores haberá unha nova mesa sobre "Torrente no teatro e no cinema". O xoves realizarase unha tertulia arredor da última obra de torrente, un texto sobre "La Bella Otero" publicado recentemente pola editorial "Raíña Lupa",

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Gonzalo Torrente Ballester, Concello de Ferrol, Galería...