Ferrol prepara unhas xornadas adicadas a Gonzalo Torrente Ballester

Cine, teatro e música

| Santiago.Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O concello de Ferrol e a UNED traballan xuntos na preparación dunhas xornadas adicadas á resaltar a figura e a obra de Gonzalo Torrente Ballester cando se cumplen dous anos do seu pasamento. Unha homenaxe que dende o día 26 e durante cinco días preparará música, teatro e cinema sobre a personalidade e a obra do importante literato.

Para comezar

As xornadas comezarán o día 26 con poesía e teatro. En primeiro lugar, no centro Torrente Ballester celebrarase o recital "Ferrol nos textos litearrios de Torrente". Logo o día 28 terá lugar a estrea, no Centro Cívico de Caranza, da representación da obra "Unha gloria nacional". Unha actuación que corre a cargo da compañía do Liceo Rubia Barcia.


e para seguir, a influencia no estranxeiro

Os actos de homenaxe continúan o martes día 30 cos especialistas Carmen Becerra, da Universidade de Vigo e Miguel Viqueira da Universidade de Lisboa abordarán a importancia de Torrente en España e no estranxeiro. Unha mesa que continúa ó día 32 onde se abordará a importancia e as relacións de Torrente co teatro. Nesta mesa redonda estarán a especialista ferrolana Aurora Vázquez Aneiros e Xosé Fernández Roca.
O programa pecharase o xoves onde Carlos Casres, presidente do Consello da Cultura Galega, Carlos Díaz e Ponte Far, abordarán a importancia da figura e da personalidade de Torrente Ballester e disertarán sobre a fascinación que sobre el exerceu "A Bela Otero", xustamente cando se acaba de publicar un conto del sobre a cabareteira pontevedresa.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Gonzalo Torrente Ballester, Teatro, Cine, UNED...