Pontevedra lembra a Xoán Manuel Pintos, Ferrol a Torrente Ballester e A Estrada a Reimóndez Portela

Homenaxes todos

Cinco, dez e cento cincuenta. Eses son as datas claves que se homenaxean en tres localidades. Cinco son os anos que se cumpren do pasamento de Gonzalo Torrente Ballester e que o concello de Ferrol quere conmemorar cun curso, cunha ofrenda floral e cun taller creativo. Dez son os do pasamento do médico Reimóndez Portela ao que A Estrada lle dedica o seu ano cultural. E 150 é o aniversario da edición de "A Gaita gallega" de Xoán Manuel Pintos e que o concello do Lérez lembra cun tríptico de homenaxe que contén as claves da súa obra máis importante "A gaita gallega", que marca o inicio do rexurdimento literario.


Máis información sobre a homenaxe a Torrente Ballester no
Diario de Ferrol; sobre o ano Reimóndez Portela na edición de hoxe de Diario de Pontevedra e sobre a homenaxe a Xoán Manuel Pintos en Galicia Hoxe