A Fundación Gonzalo Torrente Ballester comeza este mes de outubro unha nova etapa. A apertura, o día 10, da exposición Breviario do pintor Juan Giralt na súa sede de Compostela marca o comezo dun proxecto que pretende revitalizar esta entidade. Á fronte da mesma, Fernanda Torrente, filla do escritor con corenta anos de experiencia en xestión cultural, colle a remuda do seu irmán Fernando.
A mostra de Giralt, xenro de Torrente, amosa unha selección de pezas que alternan a figuración coa abstracción e o colaxe propios deste autor madrileño. A esta iniciativa seguirá o vindeiro mes de novembro o Ciclo Tres Torrentes, que acollerá tres palestras temáticas sobre a obra do autor.
Segundo recolle El Correo Gallego, a Fundación colabora ademais no proxecto Torrente Ballester, la travesía de un creador, exposición da Biblioteca Nacional de España que abre as súas portas este 18 de outubro a conmemorar os 25 anos do falecemento do autor. Esta grande exposición, comisariada por Darío Villanueva e Carmen Becerra, visitará posteriormente Ferrol, e as súas pezas servirán de base para a exposición permanente que se quere instalar na sede da Fundación en Compostela.
A fundación sinala ademais que está a traballar na recuperación e difusión de máis de 300 gravacións sonoras do propio torrente con ideas e opinións que logo empregaba nos seus escritos.