A Fundación Torrente Ballester abre a súa exposición permanente

O espazo compostelán adapta contidos da mostra itinerante La Travesía de un Creador

| Santiago. Redacción | Seccións: LiteraturaExposicións
Compartir:
A Fundación Torrente Ballester abre a súa exposición permanente

Desde este 3 de xullo a sede da Fundación Gonzalo Torrente Ballester, en Santiago de Compostela, acolle a que será a súa exposición permanente. Co título Gonzalo Torrente Ballester. Itinerario de vida e creación, a mostra fai un percorrido pola biografía do homenaxeado a amosar múltiples obxectos persoais, cun total de 130 pezas.

O proxecto, comisariado por Carmen Becerra e Darío Villanueva, adapta os contidos da mostra itinerante que, desde 2024, se puido ver na Biblioteca Nacional de España e mais no Concello de Ferrol. Entre outros contidos, amosa primeiras edicións das obras do autor, manuscritos ou fotografías familiares que acompañan o seu percurso vital desde o nacemento en Ferrol ata o seu falecemento en Salamanca. De xeito paralelo, a entidade acaba de estrear o seu novo espazo web, no que recolle múltiples contidos sobre o escritor.

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Un torrente de Mundos

Un torrente de Mundos

Duascentas pezas descobren as facetas menos coñecidas de Torrente Ballester

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Gonzalo Torrente Ballester, Fundación Torrente Ballester, Santiago de Compostela, Darío Villanueva...