A sede da Fundación Torrente Ballester acolle a exposición “Joyce e España”, un percorrido pola relación do escritor irlandés co país

Joyce reencontrase con Torrente

| Santiago. Redacción | Seccións: LiteraturaExposicións
Compartir:

Artigos de prensa, correspondencia, libros, fotografías e material audiovisual ilustran a mostra que está enmarcada dentro dos actos de celebración do XVI Premio de Narrativa Torrente Ballester da Deputación da Coruña. Na exposición, que se inaugura o venres 12, poderase ver o lugar destacado que ocupa Galicia neste percorrido, xa que a primeira tradución do“Ulises” de Joyce a unha lingua peninsular fíxoa Ramón Otero Pedrayo en 1926 publicando na revista NÓS uns fragmentos en galego desa obra. Ademais poderá verse un vídeo que recrea o texto de Vicente Risco, “Dedalus en Compostela”, unha visita imaxinaria a Galicia dun personaxe de Joyce. A exposición xa estivo antes no Círculo de Bellas Artes de Madrid e entre os fondos que expón están libros cedidos pola propia Fundación Torrente Ballester. Como anécdota cabe dicir que James Joyce e Gonzalo Torrente coincidiron persoalmente nalgúns círculos de París en 1936.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Torrente Ballester, Ramón Otero Pedrayo, James Joyce, Ulises...