O “Ulises” de James Joyce estará en galego no 2006

G-Ulises

Galaxia e a Fundación Caixa Galicia traballan xuntos na tradución ao galego de “Ulises”, a novela de James Joyce. Así o publica hoxe El Progreso, quen afirma que o director da editorial, Víctor Freixanes, xa lle puxo data ao proxecto: o 2006. O texto, que está a ser traducido por un equipo de tres persoas, formará parte da colección “Clásicos” que ten a editorial. A primeira tradución a unha lingua peninsular desta obra correspóndelle a Otero Pedrayo, que en 1926 traducíu algúns fragmentos da obra de Joyce ao galego e publicounos na revista NÓS. Estes fragmentos tamén foron publicados por Galaxia no 2003.

Máis información na edición de hoxe de El Progreso ; Ficha do libro Fragmentos de Ulises, 1926 en Lg3