Ferrol homenaxe o traballo de Rodolfo Ucha cunha exposición

O Centro Torrente Ballester amosa o traballo o arquitecto que mudou a face da cidade

| Santiago. Redacción | Seccións: ArquitecturaExposicións
Compartir:
Imaxe do Teatro Jofre na exposición

Imaxe do Teatro Jofre na exposición

Ata o vindeiro 31 de agosto pode verse no Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol a exposición Rodolfo Ucha Piñeiro. Construíndo Ferrol. A mostra reivindica o traballo deste arquitecto "encargado de renovar a estética da cidade de Ferrol mediante a introdución dos novos estilos á arquitectura do seu tempo". Imaxes de arquivo, planos, documentos e unha serie fotográfica de Ovidio Aldegunde dan a coñecer o autor de espazos emblemáticos da cidade como o Teatro Jofre, o Casino, as escaleiras da Praza de Amboaxe, o edificio da Caixa de Aforros de Ferrol, o Hotel Suízo, a Casa Pereira, a Casa Romero ou a praza da Peixería.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Arquitectura, Teatro Jofre, Gonzalo Torrente Ballester...