O Centro Cultural Torrente Ballester será a sede do futuro Museo de Ferrol

O Concello colabora coa Xunta na posta en marcha da nova institución

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:
Fachada do Centro Cultural Torrente Ballester. Fonte: Web do Concello de Ferrol

Fachada do Centro Cultural Torrente Ballester. Fonte: Web do Concello de Ferrol

O concelleiro de Cultura de Ferrol, José Antonio Ponte Far, anunciou a vindeira creación dun museo dedicado a historia da cidade. Segundo publica La Voz de Galicia, a nova entidade terá no Centro Cultural Torrente Ballester a súa sede principal, aínda que se prevé a súa futura expansión por diferentes instalacións da cidade.

Ponte Far asegurou ao xornal estar en negociacións coa Xunta de Galicia para a creación deste novo espazo, que fará parte da Rede de Museos autonómica. Entre outros fondos, prevese que a institución acolla parte do material que actualmente se custodia no Museo Arqueolóxico Provincial, situado na Coruña. Malia a esta reconversión de usos, a previsión é que o Torrente Ballester manteña áreas dedicadas ás artes plásticas como exposicións temporais.

A Cidade Departamental é ata o momento a única do país que non conta cun museo propio, segundo destacan desde o Goberno Local. O Concello salienta ademais a importancia dunha instalación deste tipo en relación á candidatura da cidade a ser recoñecida como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ferrol, José Antonio Ponte Far, La Voz de Galicia, Exposicións...