Ibarrola no Macuf, Jorge Molder no CGAC e as imaxes do Balneario de Mondariz no Museo do Pobo, enchen o panorama expositivo

De Ibarrola a Molder

6/4/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O universo autorrepresentado de Jorge Molder (Lisboa, 1947) chega mañá ao Centro Galego de Arte Contemporánea. Será cando se inaugure a mostra que comisaría María do Céu Baptista e João Miguel Fernández Jorge que exhibirá ata o 4 de xuño os reflexivos autorretratos dun artista que acostuma a traballar en series fotográficas. Non é a única exposición que se inaugura estes días, xa que esta tarde (20:30 horas) o Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa (MACUF) abre unha mostra que recolle unha escolma dos últimos dez anos de Agustín Ibarrola (Bilbao, 1930). E hoxe tamén se inaugura no Museo do Pobo “A Maxia da Auga”, unha exposición fotográfica que recolle a época dourada do Balneario de Mondariz.

Máis información sobre a exposición no Macuf en La Voz de Galicia e en Galicia Hoxe e sobre a mostra “A Maxia da auga” en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Macuf, Mondariz, Galicia Hoxe, Miguel Fernández...