Inaugúrase no Museo do Pobo a bienal de pintura Eixo Atlántico mentres Rik Lina expón na Granell

Os cadros que veñen

11/8/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A obra de vinte nove artistas de Galicia e de Portugal pode verse desde hoxe no Museo do Pobo Galego na mostra da VI Bienal de Pintura Eixo Atlántico. Entre as pezas expostas encóntrase “A Espera” de Benedita Kendall, traballo premiado entre os máis de trescentos que se presentaron a esta edición do certame. Con esta mostra, o Eixo Atlántico quere contribuír ao intercambio artístico entre as dúas bandas da fronteira. Simultaneamente, a Fundación Granell, tamén en Compostela, abría a mostra do surrealista holandés Rik Lina, que recolle traballos realizados desde 1975 ata a actualidade.

Máis información en Galicia Hoxe sobre a bienal , sobre a mostra na Granell

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Eixo Atlántico, Atlántico, Galicia Hoxe, Museo do Pobo Galego...