O CDG leva as súas montaxes a Santiago e Narón, mentres presenta un boletín de información teatral

Do papel ás táboas

7/4/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
A fin de semana chega cargada de novidades teatrais. En primeiro lugar, o Centro Dramático Galego representa as últimas montaxes, Illa Reunión (dirixida por Ana Vallés) e “A cabana de Babaiagá” (dirixida por Paula Carballeira) en Narón e Santiago, respectivamente. Relacionado co teatro público, o Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais pon en marcha “E-scena”, un boletín electrónico para informar sobre as súas actividades e convocatorias. De teatro tamén se falou onte o Marco de Vigo, que serviu de espazo de presentación no número 46 da “Revista Galega de Teatro”. Ademais, as universidades da Coruña e de Vigo anunciaron que o día 18 comezará unha nova edición das súas mostras teatro.

Máis información sobre as actuacións do CDG en El Correo Gallego, El Diario de Ferrol; sobre a presentación da Revista Galega de Teatro en Galicia Hoxe e sobre as mostra de Teatro Universitario de Ourense, no Diario da Universidade de Vigo, e de A Coruña en El Ideal Gallego

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito