O alumnado da Universidade Pública estancouse nos últimos anos mentres que a privada aumentou. Esta tendencia xeral, apuntada no informe “Datos e cifras do sistema universitario” presentado pola Ministra de Educación, MarÃa Jesús San Segundo, afecta tamén ao caso galego. O sistema universitario do paÃs está no sétimo lugar na perda de alumnos. Mentres o descenso se constata nos múltiples informes, as Universidades aproban os orzamentos para o ano que comeza. Santiago aprobouno hai unha semana, mentres que A Coruña fÃxoo onte. As contas de Fonseca aumentan un 4.3%, fronte ao incremento do 14.5% da Coruña ou o 17.2% de Vigo.
Máis información sobre o Informe presentado onte en La Voz de Galicia; sobre a aprobación dos orzamentos da Universidade da Coruña no Diario de Ferrol e sobre a diferenza no incremento do orzamento en El Correo Gallego