A Cidade da Cultura terá definidas as fórmulas de xestión e financiamento a principios do próximo ano

Os novos prazos

15/12/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Os edificios máis avanzados da Cidade da Cultura comezarán a funcionar no 2009 e a principios do próximo ano estará en marcha as fórmulas de xestión e financiamento. Así o comunicou onte o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño. Son as primeiras cifras oficiais que se dan a coñecer sobre a posta en marcha real do complexo deseñado por Peter Eisenman. Ademais de coñecer cando, este mes saberase tamén para que. A conselleira de Cultura solicitou comparecer antes de que remate o segundo período de sesións para explicar os usos e os contidos da Cidade da Cultura.

Máis información sobre os prazos en La Voz de Galicia, El Pais, La Opinión e sobre a Cidade da Cultura na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Emilio Pérez Touriño, La Opinión, Culturagalega, La Voz de Galicia...