O Consello da Cultura Galega entrégalle ao Goberno o seu informe sobre dous edificios da Cidade da Cultura

O I-CCG

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O presidente do Consello da Cultura Galega, Alfonso Zulueta de Haz, fíxolles entrega ao presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, e posteriormente á Conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, da primeira parte do informe sobre a Cidade da Cultura. O documento contén a proposta sobre os dous edificios máis avanzados do complexo que se constrúe no monte Gaias: a biblioteca e a hemeroteca. Con respecto ao primeiro, o informe demanda un novo marco normativo no ámbito bibliotecario e considera que o edificio debe articularse en torno a catro eixes estratéxicos: reunir o patrimonio bibliográfico, asegurar a súa conservación, constituírse en cabeceira dos fondos e asegurar o acceso a eles. Uns principios aplicables a hemeroteca que, segundo o informe, debería agrupar e concentrar todos os fondos dispersos pola xeografía galega.

Máis información sobre a Cidade da Cultura no seu web, na nosa hemeroteca; sobre os cometidos do Consello da Cultura no seu web e sobre a entrega do informe na prensa: La Voz de Galicia, El Correo Gallego e Galicia Diario

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Ánxela Bugallo, Emilio Pérez Touriño, Xeografía...