Touriño recibirá o informe do concello de Santiago sobre a Cidade da Cultura cando volva de Arxentina

Plan de regreso

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O informe sobre a Cidade da Cultura que fixo o Concello de Santiago xa está listo. O alcalde Sánchez Bugallo entregará a súa proposta para encher de contidos o complexo do Monte Gaias tan pronto como o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, volva da súa viaxe a Arxentina. Sobre o contido do traballo, "El Correo Gallego" publica hoxe que contén propostas que van desde o financiamento ata os accesos e que ofrece cambios para case todos os edificios. Entre as propostas que inclúe, destaca a recomendación de non construír unha biblioteca no Gaias (Ánxela Bugallo xa anunciou a intención de agrupar a biblioteca e a hemeroteca nun único edificio) dado que o concello está a construír unha en Xoán XXIII.

Máis información sobre en El Correo Gallego e sobre a Cidade da Cultura na nosa hemeroteca e no seu web

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Santiago, Arxentina, El Correo Gallego, Emilio Pérez Touriño...