Pérez Varela e Sánchez Bugallo saen en defensa da Cidade da Cultura

Defensas CdC

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Unha longa carta aberta do antigo conselleiro de Cultura Xesús Pérez Varela foi a grande achega da fin de semana ao debate sobre a Cidade da Cultura. Neste texto, Pérez Varela defende o proxecto como “necesario e de primeira necesidade” e rebate as acusacións de dispendio no proxecto. Pola súa banda, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, denunciou que “hai intereses de persoas e medios de comunicación” en que o proxecto non se conclúa. Terciando na defensa do Gaiás, o presidente Touriño e mais a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, sinalaron que o proxecto é viable e que a mellor solución era rematar o complexo.

A carta de Pérez Varela, en El Correo Gallego: primeira parte e segunda parte; as declaracións de Sánchez Bugallo, e as respostas de Touriño e da conselleira de Cultura no mesmo xornal; declaracións de Touriño no web da Xunta

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xesús Pérez Varela, Ánxela Bugallo, Medios de comunicación, El Correo Gallego...