O Padroado da Cultura Galega, pioneira institución cultural galega en Uruguai, foi a primeira recalada da viaxe que a conselleira de Cultura está a facer por América. Alí, Ánxela Bugallo asinou un convenio polo que se crea a primeira biblioteca pública da emigración galega. A Xunta enviará fondos e contribuíndo á catalogación e á dixitalización de obras, que se suman ao arquivo xa existente. A viaxe da conselleira continuou coa visita ao Centro Galego de Montevideo onde se comprometeu a potenciar as actividades culturais e a dixitalizar os seu fondos, en especial, un filme descoñecido.
Máis información no web da Consellaría de Cultura en El Correo Gallego e Galicia Hoxe