Isaac DÃaz Pardo, Xusto Beramendi e Carlos GarcÃa MartÃnez entregaron ao Presidente da Xunta de Galicia o informe do Museo do Pobo sobre a Cidade da Cultura. Un documento que establece que o complexo do monte Gaiás debe ser o referente que articule todas as polÃticas culturais do paÃs. O informe considera que os contidos dos seis edificios non deben ser compartimentos estancos, senón que deben traballar de xeito conxunto. Os dez expertos que traballaron durante seis meses no proxecto propoñen varios cambios para os usos definidos inicialmente: o que Ãa ser a Hemeroteca deberÃa converterse na Biblioteca Nacional de Galicia que coordinase o sistema bibliotecario; o Palacio da Música deberÃa ser un Centro das Artes con funcións polivalentes para a produción artÃstica, mentres o edificio das novas tecnoloxÃas poderÃa converterse nun Centro de Formación e de Coordinación.
Máis información en La Voz de Galicia, no web da Xunta, Galicia Hoxe e na nosa hemeroteca