O Consello da Cultura asesorará a Xunta na reforma da CRTVG e achegaralle un informe sobre a Cidade da Cultura

Reflexións cidadás e televisivas

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A reforma da Compañía da Radio e Televisión de Galicia que quere abordar a Xunta realizarase co asesoramento do Consello da Cultura Galega (CCG). Emilio Pérez Touriño, actual xefe de goberno, solicitoulle a Alfonso Zulueta de Haz, presidente do Consello, o asesoramento da institución neste campo. Ademais, reafirmou o papel consultivo do CCG ao lle encomendar tamén a elaboración dun informe sobre os empregos que se lle poden dar á Cidade da Cultura. Na mesma xuntanza, Zulueta apuntou a posibilidade de achegar os destacados fondos arquivísticos da entidade que preside, de cara á creación neste recinto dun Arquivo de Galicia. Zulueta tamén sinalou que a capacidade asesora do Consello “non se empregou con toda a súa eficacia” na anterior etapa política e ofreceuse a colaborar activamente co novo goberno.

Máis información en La Voz de Galicia, en Galicia Hoxe e en Faro de Vigo

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CRTVG, Emilio Pérez Touriño, Galicia Hoxe, Arquivo de Galicia...