O Consello da Cultura asesorará a Ánxela Bugallo mentres Touriño lle encarga ao Museo do Pobo un informe sobre a Cidade da Cultura

Asesoramentos externos

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A titular de Cultura e Deportes, Ánxela Bugallo, asegurou que recorrerá ao asesoramento do Consello da Cultura Galega para o desempeño das súas funcións, cumprindo a faculdade coa que naceu esta institución. A conselleira fixo esta afirmación logo da xuntanza que mantivo o pasado venres coa Comisión Executiva desta institución, onde tamén sinalou a súa disposición a manter unha colaboración permanente. Na mesma mañá, o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, mantivo unha xuntanza con Isaac Díaz Pardo, presidente do padroado do Museo do Pobo. Neste encontro, Touriño encargoulle a esta institución que colaborase para definir os contidos e o emprego da Cidade da Cultura, e anunciou que se esforzará para potenciar a actividade deste centro.

Máis información en La Voz de Galicia sobre o encontro co Consello; sobre o informe do Museo do Pobo e en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ánxela Bugallo, Emilio Pérez Touriño, Isaac Díaz Pardo, Consello da Cultura Galega...